Paths of Hate (Camiños
de Odio), é un curtametraxe dirixido polo polaco Damian Nenow, no que se mostra
unha persecución aérea.
Esta animación
empeza cunha situación calmada, na que se ve un plano do ceo para situar ao espectador.
Pero esta calma vese interrompida de repente cando aparecen en acción dous avión
de combate loitando entre eles.
Tecnicamente, aparecen todo tipo de planos, como planos xerais
do ceo no que se ve como os avións se perseguen e se disparan, planos detalles
que mostran a precisión da animación...
Todos estes planos van acompañados dun ritmo adecuado. Damian intenta
transmitir a intensidade da acción mediante o aumento do ritmo e a vez usando
planos detalles, para crear sensación de caos e destrución. E polo contrario,
planos largos para representar a calma. Tamén podemos apreciar a cámara lenta
despois dunha aceleración importante, como por exemplo, no minuto 4:30, dándolle
máis dramatismo a escena. Tamén utiliza o timelapse cando se ven pasar solo as
estelas dos avión, ou ao final cando os dous corpos se arrastran para
alcanzarse.
Podemos observa
que a medida que pasa o tempo, a batalla volvese mais persoal.
Simbolicamente, unha das cousas que mais chama a atención é o
uso do vermello na sangue e ollos (cando están no medio da batalla) pos
pilotos, nos botóns indicando a falta de combustible, e principalmente no
paisaxe ido final. Cando parece que os dous se renderon definitivamente, é como
si a ira non os deixara renderse, e reaparecen neste paisaxe infernal no que
volven a loitar pero cun odio e unha ira descomunal.
Na miña opinión,
este corto móstranos ata que punto pode chegar o home por puro orgullo, odio ou
vinganza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario