jueves, 19 de enero de 2017

Blade Runner

   
   Neste caso, fixen dúas representación: unha a man, e outra utilizando o GIMP.
     
1.-  Para o primeiro, debuxei un ollo cunha pupila dilatada na que se reflexa a imaxe dunha tartaruga patas arriba no deserto. Pero todo isto ten unha razón:
  •                     Decidín debuxar un ollo de cerca para simular que o espectador é a maquina Voight-Kampff utilizada na película para detectar se un individuo é un replicante, sometido aos suxeitos sospeitosos a un test de empatía (porque se supón que os replicantes carecen de ela).
  •                     A tartaruga patas arriba, é unha das preguntas dun destes test que fan ao principio da película: "Estás en un desierto caminando en la arena cuando miras para abajo y ves a una tortuga. Está caminando hacia ti. Te agachas y le das la vuelta sobre su espalda. La tortuga queda sobre su caparazón quemándose al sol. Moviendo sus patas para tratar de darse vuelta. Pero no puede. No puede sin tu ayuda. Pero no la estás ayudando. ¿Por qué? "
  •                     O da pupila dilatada, é porque unha das cousas nas que se baseaban para detectar aos replicante, é se cando che fan o test, se che dilatan as pupilas.

2.- Para o segundo, decidín centrarme máis na figura de Harrison Ford (o protagonista), e inspireime en carteis minimalistas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario